Os servizos que oferta a Asociación Raiolas-Lugo intentan darlles resposta ás necesidades das persoas con autismo e ás súas familias.
Intentamos conseguir unha mellor calidade de vida para estas persoas, que vaia máis alá de cubrir as necesidades básicas, promovendo a súa integración e participación na comunidade. Para isto, Raiolas-Lugo desenvolve os seguintes programas e actividades:
- Atención temperá
- Logopedia
- Terapia individual
- Orientación e apoio a familias
- Información e orientación
- Grupos de formación (escola de familias)
- Respiro familiar: acompañamento a actividades de ocio e tempo libre
- Apoio escolar
- Apoio ambulatorio
- Autonomía persoal e habilidades sociais
- Apoio Psicopedagóxico e seguimento escolar
- Colaboración con centros educativos
- Formación práctica e teórica de estudantes
- Relacións con outras institucións ou persoas interesadas no autismo e outras discapacidades
- Formación de voluntariado
- Elaboración de material adaptado ás necesidades individuais
-
Centro de recursos: material bibliográfico e documentación