O autismo é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TXD) que presenta unha gran variedade de expresións clínicas e resulta de disfuncións multifactoriais no desenvolvemento do sistema nervioso central.
Ademais do trastorno autista, dentro dos TXD atópanse tamén:
Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) constituen unha perturbación grave e permanente de varias áreas do desenvolvemento. O grado na que esta perturbación afecta ó desenvolvemento varía moito dunhos casos a outros, polo que se fala dun "espectro", é dicir, de diferentes grados de alteración, existindo persoas con maiores ou menores dificultades.
Ademais da variedade de expresións condutuais, existe tamén unha diversidade de niveis intelectuais, oscilando entre o atraso mental profundo e niveis normais ou superiores de intelixencia. Xeralmente teñen boas capacidades nas áreas viso-espaciais (pensamento visual, habilidade para o debuxo, quebracabezas) e tamén de memoria mecánica e de motricidade.
As estimacións epidemiolóxicas previas situaron tradicionalmente a incidencia do trastorno autista entre 2 e 4 persoas por cada 10.000 habitantes, e a do conxunto de trastornos do espectro autista (TEA) entre 21,2 e 35 casos por 10.000 habitantes.
Non obstante, os últimos anos apuntan a un preocupante aumento na súa incidencia, así, estimacións actuais sitúan a prevalencia para o conxunto dos Trastornos do Espectro Autista, según datos dos últimos estudios publicados ó respecto, sitúase en torno a 1 caso de cada 166/500 nacementos.
Non está claro se este progresivo incremento do autismo representa unha maior incidencia ou é efecto das modificacións nos criterios diagnósticos, de que os profesionais teñen maior conciencia do autismo ou se se incrementa debido a diagnósticos pouco estritos.
Por outra banda, o autismo preséntase nunha relación de 4 nenos por cada nena, e atópase en todas as culturas e clases sociais por igual.
As persoas con estes trastornos presentan dificultades en tres áreas principais do seu desenvolvemento:
- Comprensión e interacción social.Está aceptado pola maioría da comunidade científica a orixe biolóxica destes trastornos e actualmente hai datos suficientes para falar de moitas posibles causas destes: xenética, metabólica, infecciosa... Aínda non hai un tratamento médico para estas alteracións; na actualidade o tratamento educativo é o máis eficaz e, polo tanto, o máis adecuado.
A calidade de vida e futuro das persoas con autismo depende máis do apoio de pais/nais e educadores e da dispoñibilidade permanente de servizos especializados ca da severidade da súa discapacidade inicial. E, sobre todo, dunha actitude favorable por parte da sociedade, que lles permita vivir nunha situación de normalidade.