A Asociación Raiolas - Lugo foi constituída na cidade de Lugo o 29 de marzo de 2000.
É unha asociación sen ánimo de lucro, formada polos pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD), que traballa na provincia de Lugo.
O seu obxectivo é a realización de todas as actividades que melloren a calidade de vida das persoas con autismo ou TXD e que procuren a súa plena integración familiar e social.
Raiolas-Lugo é membro de:
- Federación Autismo Galicia
- Confederación Autismo España
A asociación está inscrita no:
- Rexistro Provincial de Asociacións
-
(Xunta de Galicia) : N.º 2000/002292.
- Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
-
(Xunta de Galicia): N.º S-1346.
- Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia
-
(Xunta de Galicia): N.º FM 505 A.
-
Rexistro de Asociacións do Concello de Lugo: N.º 168.